Preguntas máis frecuentes

Moi sinxelo. Abre un vídeo, e abre o menú «Subtítulos → Buscar subtítulos en OpenSubtitles.org». Aparecerá unha xanela cunha lista dos subtítulos que podes empregar no vídeo que estás a reproducir. Escolle un e preme o botón de «Descargar». Entón, descargaranse os subtítulos seleccionados e amosaranse no vídeo.

O ecualizador de hardware podería non funcionar con algunhas tarxetas e controladores de vídeo. Se é o teu caso, vai a «Opcións → Preferencias → Xeral → Vídeo», e marca a opción «Usar a ecualización de vídeo por software».

Vai a «Opcións → Preferencias → Dispositivos» e marca a opción «Activar os menús DVD (experimental)» e indica a ruta ao dispositivo de DVD.

Vai a «Opcións → Preferencias → Interface → Interface», e na lista despregábel do campo «Interface», selecciona «Interface compatíbel con temas visuais». Entón poderás seleccionar entre as varias aparencias que hai dispoñíbeis. En Linux terás que instalar o paquete «smplayer-skins».

A maneira máis rápida de atopar os ficheiros de configuración de SMPlayer é seleccionando a opción de «Abrir o cartafol de configuracións» no menús de «Axuda». Se queres borrar a configuración actual e comezar coas configuracións por defecto, elimina o ficheiro smplayer.ini. Importante: antes de eliminar o ficheiro asegúrate de que SMPlayer non estea executándose.

Son dous aplicativos distintos que traballan conxuntamente. En realidade SMPlayer non é un reprodutor de son e vídeo: ese é o papel de mplayer. mplayer é un aplicativo da liña de ordes, que carece de menús ou botóns. Manéxase única e exclusivamente co teclado. Como para moitas persoas iso non lles resulta o moi cómodo, desenvolvéronse varias interfaces gráficas que resolven esa carencia, e SMPlayer é unha delas. Así que MPlayer é o motor de reprodución e SMPlayer achega os botóns, os menús, os diálogos, etc. Os paquetes para Windows inclúen tanto MPlayer como SMPlayer.

Vaia a «Opcións → Preferencias → Xeral → Vídeo» e desactive a opción «Debuxar o vídeo por segmentos».

En Linux para poder decodificar os ficheiros de son ou vídeo en varios fíos é necesaria unha versión recente de MPlayer ou FFmpeg-mt. mplayer2 usa automaticamente todos os núcleos pero mplayer ten que axustarse manualmente. Pode axustar o número de fíos para a decodificación desde «Opcións → Preferencias → Rendemento». Selecciona un número non superior ao número de núcleos que ten, ou de fíos no caso dos núcleos de Intel de varios fíos. Podes seleccionar un valor superior pero o efecto será o mesmo que seleccionar o maior número dispoñíbel de fíos.

Selecciona en «Vídeo → Filtros» a opción «Engadir bordos negros».

You can play YouTube videos at 1080p or even at 4K resolution with SMPlayer. You only need to make a small change in the SMPlayer configuration. In Preferences -> Network select mpv + youtube-dl in the option Support for video sites. Also be sure mpv is selected as multimedia engine in Preferences -> General.

This modification also makes the YouTube subtitles available in SMPlayer.

Note: Linux users must install youtube-dl.

Ocorre por usar DirectX como controlador de vídeo. Podes cambialo a «gl», «gl2» ou «direct3d» desde «Opcións → Preferencias → Xeral → Vídeo».

Para aplicar algunhas das opcións é necesario deter o proceso de mplayer e inicialo de novo con novos parámetros. É por iso que se interrompe a reprodución uns intres.